Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración e instalación de 11 módulos de pantaláns flotantes para o Ente Público Portos de Galicia baixo a modalidade de posta á disposición.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: S.C. SUB.-04/97.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: subministración e instalación de 11 módulos de pantaláns flotantes para o Ente Público Portos de Galicia baixo a modalidade de posta a disposición.

b) Número de unidades que hai que entregar: 11.

c) Lugar de entrega: o emprazamento que para tal efecto sinale Portos de Galicia.

Prazo de entrega: 10 días a contar desde o día seguinte ó da recepción do requirimento de entrega por parte de Portos de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto .

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 200.000 ptas.

Definitiva: 400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, nº 5 A-6, polígono das Fontiñas, Área Central.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. CP 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: perante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do décimo día natural a contar desde o seguinte ó fin do prazo de admisión de ofertas expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios do Ente Público Portos de Galicia, en Área Central, Praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela, o resultado da dita cualificación para que se enmenden, dentro do prazo que se sinale, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

5551