Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Secretaría da Muller da CIG.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta do I Congreso da Secretaría da Muller da CIG onde consta o acordo de aprobación, e estatutos da Secretaría da Muller da CIG, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato as mulleres afiliadas á Confederación Intersindical Galega (CIG) en calquera das distintas remas ou sectores.

Asinan a acta do I Congreso da Secretaría da Muller da CIG, Felisa García e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5939