Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Hospitalización Domiciliaria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Hospitalización Domiciliaria que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os profesionais sanitarios que presten os seus servicios en calquera unidade de hospitalización domiciliaria dun centro sanitario, público ou privado, en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Luis Alberto Masa Vázquez e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5886