Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Telecomunicacións por Cable (Astelga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Empresas de Telecomunicacións por Cable (Astelga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación aquelas empresas que, estando legalmente constituídas, ofrezan servicios de difusión de sinais de TV e avanzados de telecomunicacións a través de redes de cable desde un centro xestor ou cabeceira ás vivendas e edificios dun determinado territorio galego, e que teñan por obxectivo a prestación de servicios de telecomunicación por cable no país galego.

Asinan a acta de constitución: David Moldes Cobelas, en representación da empresa Teledis, S.L., e seis persoas máis representando outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5938