Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, con data do 7 de xullo de 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución nº 24 das normas subsidiarias municipais, sita na Barcala-Cambre, promovido por Fadesa e redactado polo arquitecto Antonio de la Morena Pardo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da

provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 18 de xullo de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

5594