Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, polo Pleno Municipal, o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para recualificación de terreos destinados a equipamento no núcleo de Cimadevila, coa finalidade de proceder á construcción da nova Casa do Concello, procédese á apertura do trámite de información pública, durante o prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no DOG, co fin de que calquera interesado poida examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Barbadás, 17 de xullo de 1997.

José Manuel Freire Couto

Alcalde

5980