Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día cinco de maio de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados polas obras de urbanización da rúa Ramiro Rueda, aprobando os seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizadas de cada predio.

A superficie que se expropia e a valoración total ascendente á cantidade de 8.256.674 ptas., incluído o 5% do premio de afección, é a seguinte:

PredioPropietarioSuperficieValoración

2Clemente Mosquera García56,658.256.674

Edificación76,65

L.A.V. Navales. Investigación Experimental. Oficina. Cipreses A.

A. Hoyo, nº 48 C.P. 413605-Caracas, Venezuela.

En cumprimento do disposto no artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime do solo e ordenación urbana e artigo 145.2º e 3º da Ley 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, expóñense ó público polo termo dun mes, para que quen poida resultar interesado formule as alegacións e reclamacións que considere convenientes o seu dereito.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que puidesen resultar descoñecidos para os efectos de legal notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 30 de maio de 1997.

José Antonio Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e Prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

5977