Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 21 de maio de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común do monte O Ceibo de Verín e Ceibiño, a favor dos veciños das parroquias de Cabanelas e Banga, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 3 de outubro de 1996, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte O Ceibo de Verín e Ceibiño, dunha superficie aproximada, en conxunto, de 169.087 m, pertencente ós veciños das parroquias de Cabanelas e Banga, no concello do Carballiño; noméanse instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e

José Manuel Baltar Blanco; o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 21 de maio de 1997.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor

5648