Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a adquisición dunha subministración de material informático para o Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura e Comunicación Social.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 66 17, fax: (981) 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material informático.

3. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: oito millóns trescentas trinta e cinco mil catrocentas trinta e seis pesetas (8.335.436 ptas.).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.353B.626.1.

4. Prazo de execución: un mes desde a data da sinatura do contrato

5. Fianzas:

Provisional: cento sesenta e seis mil setecentas nove pesetas 166.709)

Definitiva: trescentas trinta e tres mil catrocentas dezaoito (333.418)

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o vixésimo

sexto día natural, ás catorce horas, se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, nas Salas de Xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social ás 12 horas do décimo día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados, se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

5766