Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 21 de maio de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común dos montes Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1 e A Brea-2, a favor dos veciños das parroquias de Seoane, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión celebrada con data do 12 de xuño de 1996, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes Lameiro Vello, Telleira, A Brea-1, A Brea-2, dunha superficie aproximada, en conxunto, de 19.140 m, pertencente ós veciños de Varón de Seoane, no concello do Carballiño; noméanse instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e José Manuel Baltar Blanco; o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 21 de maio de 1997.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor

5619