Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 16 de abril de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñais en man común do monte comunal A Leira e dez máis, a favor dos veciños de Pousa, Fonte de Vila, O Pazo, O Campo, Outeiro, Fechas, Pegariña e Mamoelas, parroquia de Sorga, no concello da Bola.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesións celebradas con datas do 4 de outubro de 1995 e 3 de outubro de 1996, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte comunal A Leira, A Munia, A Cardea, A Derrasa, Os Marquiños, Corgo, O Pendón, O Castro de Fechas, A Edreira, Picoto e A Fraga, dunha superficie aproximada, en conxunto, de 1.059.622 m, pertencente ós veciños de Pou

sa, Fondo de Vila, O Pazo, O Campo, Outeiro, Fechas, Pegariña e Mamoelas, parroquia de Sorga, no concello da Bola; noméanse instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco; o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23-9-1992) polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 16 de abril de 1997.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor

5618