Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento dos prezos xustos por imposición da servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/1994).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación provincial acorda sinala-lo día 7 de agosto de 1997 ás 12 horas, para que o pagador da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda nas oficinas da Casa do Concello de Narón, ós pagamentos do prezo xusto e xuros por imposición de servidumes de paso das instalacións da liña eléctrica a 20 kV desde a liña Santa Mariña-Freixoeiro e remate no empalme coa liña ó polígono Río do Pozo (expediente 3/1994), ós interesados ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto, propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados de que consta este proceso expropiatorio.

A Coruña, 1 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

5620