Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.434

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997 pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatutario de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

O dereito transitorio do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, modificado polo Decreto 161/1996, do 25 de abril, prevé a celebración dun concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatutario de atención primaria do Servicio Galego de Saúde pertencentes xa á dita ordenación.

Á súa vez, a disposición adicional terceira, apartado 2, do Decreto 186/1997, do 3 de xullo, (DOG nº 136, do 16 de xullo), polo que se regulan os procesos de provisión de prazas e selección de persoal estatutario no ámbito da atención primaria do Servicio Galego de Saúde, determina o número de prazas obxecto de concurso de traslados que terán que convocarse en cada unha das categorías, establecéndose, pola súa vez, que o dito concurso de traslados deberá convocarse no prazo máximo dun mes a partir da publicación do devandito decreto no Diario Oficial de Galicia.

Na súa consecuencia, procede cumpri-las previsións contidas na dita normativa polo que, logo da negociación coas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de negociación do persoal sanitario, o Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Dispoñe-la publicación da convocatoria do concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatutario de atención primaria do organismo, así como aproba-las bases, o baremo de méritos e a relación de vacantes que rexerán a dita convocatoria anexa á presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

BASES

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse, para a súa provisión por concurso de traslados, as prazas básicas vacantes das unidades e servicios de atención primaria de persoal estatutario do Sergas que se especifican para cada categoría no anexo II desta resolución, podendo solicitarse, por orde de preferencia, parte delas ou a totalidade da categoría á que se concursa, sen prexuízo do disposto na base 2.7. respecto dos concursantes forzosos.

As quendas de mañá e tarde que na dita relación de prazas se especifican para algunhas delas debe entenderse dun xeito conxuntural, podendo ser modificado polo Servicio Galego de Saúde, no uso da súa potestade de autoorganización, o réxime de prestación do servicio cando as necesidades asistenciais así o aconsellen.

Igualmente, e polas mesmas razóns, o ámbito territorial das prazas de pediatría que se ofertan neste concurso de traslados poderá ser modificado polo organismo.

1.2. O concurso de traslados rexerase, de conformidade co disposto no artigo 3.3º do Decreto 186/1997, do 3 de xullo (DOG nº 136, do 16 de xullo), polo que se regulan os procesos de provisión de prazas e selección de persoal estatutario no ámbito da atención primaria do Sergas como consecuencia da posta en funcionamento da ordenación da atención primaria, pola normativa básica estatal recollida no Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, polo dito decreto; polas presentes bases e, en todo o non recollido na dita normativa, rexerán, con carácter supletorio, as normas non básicas do dito Real decreto 118/1991.

2. Requisitos que teñen que reuni-los concursantes.

2.1. Terá acceso á convocatoria do concurso o persoal estatutario fixo ou de cadro de persoal pertencente ás categorías e, se é o caso, especialidades enumeradas no apartado 2.2 das presentes bases que se encontre desenvolvendo ou teña reservada praza nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, calquera que sexa a Administración pública da que dependa, así como o persoal que se atope en situación distinta á de activo procedente de prazas desas institucións.

Para o persoal en activo ou con reserva de praza será requisito, ademais, ter tomada posesión da praza desempeñada cun ano de antelación, cando menos, ó remate do prazo de presentación de instancias para participar no presente concurso de traslados. Igualmente, o persoal que se atope nunha situación distinta á de activo e non teña reserva de praza deberá reuni-los requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo o derradeiro día do prazo de presentación de instancias.

2.2. As categorías e, de se-lo caso, especialidades ás que teñen que pertence-los concursantes para poder participar no concurso de traslados serán as seguintes:

a) Para a categoría de médicos xerais: pertencer ás categorías de médicos xerais de equipos de atención primaria, de médico xeral de zona ou de médico dos servicios normais ou especiais de urxencias extrahospitalarias.

b) Para a categoría de odontólogo: pertencer ás categorías de médico odontoestomatólogo de atención primaria.

c) Para a categoría de facultativo especialista en pediatría: pertencer á categoría de FEA en pediatría xerarquizado, de equipo de atención primaria ou de zona.

d) Para as categorías de ATS/DUE e fisioterapeuta: pertencer ás ditas categorías.

2.3. De conformidade co disposto no artigo 6.4º do Decreto 186/1997, do 3 de xullo, poderán así mesmo participar no concurso de traslados os profesionais fixos das categorías obxecto de concurso con destino en institucións sanitarias no nivel de atención especializada.

2.4. Nos termos previstos no artigo 7 do Decreto 186/1997, do 3 de xullo, poderán participar no concurso de traslados, coas mesmas condicións e requisitos có resto do persoal estatutario fixo, na categoría de médicos xerais, os funcionarios pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares, e na categoría de ATS/DUE os funcionarios pertencentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.

2.5. Ademais dos requisitos sinalados nos apartados anteriores, será necesario para participar no concurso de traslados a concorrencia nos aspirantes dun dos seguintes requisitos:

2.5.1. Se se trata de persoal estatutario fixo das categorías obxecto de concurso pertencente ó nivel de atención primaria do Servicio Galego de Saúde en activo ou con reserva de praza:

a) Ben ter efectuado xa a opción de integración conforme o previsto na Orde do 23 de xullo de 1996 (DOG nº 149, do 31 de xullo), pola que se regula a integración do persoal que presta os seus servicios no ámbito da atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia na ordenación deseñada polo dito Decreto 200/1993.

b) Ben se esixirá, conforme o modelo que aparece no anexo III da presente resolución, a previa aceptación da oferta de integración na dita ordenación da atención primaria nos termos previstos no apartado 4, parágrafo 1º da disposición transitoria primeira do devandito Decreto 200/1993, na redacción dada a esta polo artigo 3.2º do Decreto 161/1996, do 25 de abril, de reforma do anterior.

2.5.2. Se se trata de persoal estatutario fixo en activo ou con reserva de praza doutra institución do ámbito da atención primaria do Sistema Nacional de Saúde:

a) Estar integrado, na súa Administración de orixe, no momento en que remate o prazo de presentación de instancias para tomar parte no concurso, nun equipo de atención primaria regulado no Real decreto 137/1984, do 11 de xaneiro, sobre estructuras básicas de saúde.

2.5.3. Se se trata de persoal en situación distinta á de activo e sen reserva de praza que pretenda acceder a unha praza da mesma categoría e, se é o caso, especialidade, esixirase:

a) Se a praza na que se obtivo a excedencia pertence a unha institución do Servicio Galego de Saúde, requirirase que a dita praza estivese xa integrada nunha unidade ou servicio de atención primaria ou que se subscriba, conforme o modelo que aparece no anexo III da presente resolución, a aceptación da oferta de integración no novo modelo.

b) Se a praza na que se obtivo a excedencia pertence a outra institución do Sistema Nacional de Saúde, que a dita praza estivese integrada nun equipo de atención primaria.

2.5.4. Poderán participa-los profesionais fixos das categorías obxecto de concurso con destino en institucións sanitarias no nivel de atención especializada.

2.6. De conformidade co establecido na disposición adicional décimo primeira do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, o persoal estatutario fixo con praza en propiedade nas institucións sanitarias da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Social da Mariña poderá participar neste concurso de traslados nas mesmas condicións e requisitos que o restante persoal estatutario.

2.7. De conformidade co establecido na disposición adicional sexta do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, modificada parcialmente polo artigo 114 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, para os efectos do presente concurso de traslados, considerándose concursante forzoso non só aquel persoal que con carácter de reingreso provisional veña desenvolvendo unha praza da categoría correspondente integrada nunha unidade ou servicio de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, senón tamén aquel persoal, incluídos os médicos e practicantes titulares, que veña desenvolvendo, no momento da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, unha praza na categoría correspondente, de zona ou de servicio normal ou especial de urxencias do organismo.

A condición de concursante forzoso levará aparellada a obriga de solicitar tódalas vacantes da categoría e, se é o caso, especialidade que se convoquen na área de saúde na que se atopa reingresado provisionalmente, sendo declarado de oficio, se non o fai, na situación de excedencia voluntaria.

Igualmente, se algún concursante que desempeñe unha praza en destino provisional na forma establecida nos parágrafos anteriores non obtivese praza no concurso, tendo cumprida a obriga establecida no parágrafo anterior, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas do novo modelo de atención primaria que resulten vacantes como consecuencia da resolución deste ou ben por pasar á situación de excedencia voluntaria. A devandita opción pode exercerse entre unha praza do eido da atención primaria non integrada no novo modelo só nos supostos de que na área de saúde correspondente non exista unha vacante

do novo modelo como consecuencia da resolución do concurso de traslados.

Por aplicación do disposto no artigo 2.1º da Orde do 23 de xullo de 1996, o persoal que se atope en destino provisional non precisa cubri-lo modelo incluído como anexo III desta resolución, ó carecer de dereito de opción a integrarse no modelo de atención primaria.

2.8. Os requisitos esixidos para participar neste concurso deberán manterse durante todo o seu proceso de execución, que se entenderá concluído no momento da toma de posesión da praza de nova adxudicación.

3. Orde de prelación para a adxudicación das prazas.

3.1. As prazas seranlles adxudicadas ós concursantes de acordo co baremo de méritos que se publica como anexo IV desta resolución.

Para estes efectos computaranse os servicios prestados nas institucións sanitarias de calquera das administracións públicas.

3.2. Non se adxudicarán neste concurso prazas por resultas.

3.3. En caso de empate resolverase en favor do concursante que leve máis tempo desempeñando efectivamente a praza á que concursa. De persisti-lo empate, resolverase en favor da mellor puntuación en cada un dos apartados do baremo e pola súa orde. De manterse o empate resolverase en favor do concursante de maior idade.

4. Solicitudes.

4.1. Cada concursante deberá cubrir unha solicitude, axustándose necesariamente ó modelo que figura como anexo V a esta resolución. Serán desestimadas, sen máis trámite, as solicitudes que conteñan algunha emenda, riscadura ou raspadura, tanto na instancia como nalgunha das follas de petición de destinos ou no certificado ou en calquera dos documentos anexos a que se fai referencia na base 5ª, sempre que non se atopen salvados baixo sinatura.

4.2. As solicitudes poderán ser presentadas nos lugares e do modo que determina a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que tanto na instancia como na folla de petición de prazas debe figura-lo selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedíndolles copia ós interesados.

4.3. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será de un mes, contado desde o mesmo día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4.4. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes non se admitirá nin a súa modificación nin a retirada do concurso nin a presentación de novos documentos.

4.5. No que se refire ós servicios prestados, en tódolos apartados do baremo serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Documentación.

5.1. Persoal en activo:

a) Copia cotexada do seu nomeamento na categoría e, se é o caso, especialidade á que concursa.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal de tódolos servicios que teñan que ser valorados expedida polo director de xestión do centro no que actualmente presta os seus servicios, conforme o modelo que se xunta como anexo VI á presente resolución.

d) Copia cotexada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento da lingua galega.

e) Copia cotexada da instancia pola que se optou pola integración no novo modelo de atención primaria, conforme a Orde do 23 de xullo de 1996 ou, no seu defecto, a previa aceptación da oferta de integración no modelo que aparece como anexo III á presente resolución.

5.2. Persoal en excedencia:

a) Copia cotexada do seu nomeamento na categoría e, se é o caso, especialidade á que se concursa.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Copia cotexada da resolución pola que se lle concede a excedencia.

d) Certificación orixinal de tódolos servicios prestados que teñan que ser valorados.

e) Copia cotexada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento da lingua galega.

f) Copia cotexada da instancia pola que se optou pola integración no novo modelo de atención primaria, conforme a Orde do 23 de xullo de 1996 ou, no seu defecto, a previa aceptación da oferta de integración no modelo que aparece como anexo III á presente resolución.

5.3. Persoal en situación de reingreso provisional:

a) Copia cotexada do seu nomeamento na categoría e, se é o caso, especialidade á que se concursa.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal de tódolos servicios que teñan que ser valorados expedida polo director de xestión do centro no que actualmente presta os seus servicios, conforme o modelo que se xunta como anexo VI á presente resolución.

d) Copia da resolución pola que se autoriza o reingreso.

e) Copia cotexada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento da lingua galega.

5.4. Persoal pertencente ás clases de médicos e practicantes titulares:

a) Copia cotexada do seu nomeamento no corpo correspondente e no posto de traballo que ven desempeñando.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal de tódolos servicios prestados que teñan que ser valorados.

d) No suposto de atoparse na situación de excedencia ou de reingreso, copia cotexada da resolución pola que se declare a dita situación.

e) Copia cotexada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento da lingua galega.

f) Copia cotexada da instancia pola que se optou pola integración no novo modelo de atención primaria, conforme a Orde do 23 de xullo de 1996 ou, no seu defecto, a previa aceptación da oferta de integración no modelo que aparece como anexo III á presente resolución.

5.5. Persoal proveniente doutra Administración pública:

Este persoal, ademais de xunta-la documentación prevista nos apartados 5.1 ou 5.2, segundo corresponda, deberá acreditar, ademais, no modelo que figura como anexo VII á presente resolución, a integración da praza de orixe nun equipo de atención primaria regulado no Real decreto 137/1984, do 11 de xaneiro, ou ben acreditar de modo fidedigno que tal integración foi infructuosamente intentada. Para isto, achegaráselle á instancia a documentación que corresponda.

6. Resolución do concurso.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e á vista das prazas solicitadas polos concursantes, así como dos méritos alegados e acreditados, procederase á súa baremación.

6.2. Rematada a dita baremación, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas aprobará a resolución provisional do concurso, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

6.3. De conformidade co establecido no artigo 18.2º, parágrafo segundo e 18.3º do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, contados desde a súa publicación, para formular reclamacións contra a resolución provisional. As ditas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva que será aprobada pola autoridade convocante e publicarase do mesmo xeito en que o foi a convocatoria do concurso. Esta publicación serviralles de notificación ós interesados e, a partir desta, comezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes.

6.4. Conforme o establecido no artigo 18.4º do citado Real decreto 118/1991, as prazas adxudicadas serán irrenunciables, a menos que, durante o prazo posesorio, se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, caso no que o interesado poderá optar entre os postos que lle fosen adxudicados, estando obrigado a comunicárlle-la opción realizada ós organismos convocantes dos concursos en que participasen, dentro do prazo de tres días.

7. Efectos derivados do concurso.

7.1. Os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso, desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades do servicio, poderá ampliar este prazo ata dez días, comunicándolle tal decisión á institución na que se obtivese novo destino.

7.2. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días seguintes ó do cesamento, se as prazas son na mesma localidade, no prazo de quince días, se as prazas son de distinta localidade e mesma área de saúde, ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde.

7.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado desde a publicación da resolución definitiva do concurso.

7.4. O prazo posesorio iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é caso, lle fose concedido ó interesado, agás que, por causas xustificadas, se acorde suspende-lo seu desfrute.

7.5. Se así o permiten as necesidades do servicio e por petición do interesado, os prazos a que se refiren os apartados anteriores poderán ser prorrogados por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

7.6. Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo posesorio ou, se é o caso, da prórroga que á súa petición motivada se lle tivese concedida, entenderase que renuncia a esta e causará baixa na súa categoría como persoal estatutario, agás que tal feito se produza por causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, pola autoridade convocante. En tal caso, poderá deixarse sen efecto a devandita baixa, debendo incorporarse á nova praza tan pronto como desaparezan os motivos que imposibilitaron a toma de posesión.

No suposto de que a autoridade convocante acorde a súa baixa na categoría de conformidade co establecido no parágrafo anterior, daráselles conta disto ós órganos centrais do Insalud e ós servicios de Saúde das comunidades autónomas que teñen asumidas as competencias en materia de asistencia sanitaria.

7.7. Os concursantes que non obteñan praza no concurso manteranse na situación de destino que posúen, con excepción dos reingresados provisionais que poderán exerce-la opción a que se refire a base 2.7 da presente resolución.

7.8. Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga desta terán a consideración de servicio activo, percibíndose os correspondentes haberes con cargo á praza de novo destino.

7.9. De conformidade co establecido no parágrafo segundo da disposición adicional cuarta do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, a toma de posesión da praza adxudicada levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é caso, corresponda.

8. Normas derradeiras.

8.1. A comisión ou, se é o caso, comisións encargadas da baremación de méritos no presente concurso de traslados serán nomeadas co ámbito que acorde a autoridade convocante, dándolles coñecemento de todo o acordado ás organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de negociación do persoal sanitario.

Estas comisións terán a condición de primeira categoría para os efectos do disposto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106, do 1 de xuño).

8.2. De conformidade co establecido no artigo 16.4º do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, na redacción dada a este polo artigo 27.2º da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, serán gratuítas tódalas compulsas e certificacións que expidan os distintos centros de gasto do Sergas ó persoal estatutario fixo que participe no concurso.

8.3. Os traslados derivados deste concurso teñen carácter de voluntario, non xerando dereito ningún ó aboamento de ningunha clase de indemnización.

ANEXO III

MODELO DE ACEPTACIÓN PREVIA DA OFERTA DE INTEGRACIÓN NO NOVO SISTEMA DE ATENCIÓN PRIMARIA DO DECRETO 200/1993, DO 29 DE XUÑO, MODIFICADO POLO DECRETO 161/1996, DO 25 DE ABRIL

Don/Dona

DNI, para os efectos derivados da súa

participación no concurso de traslados na categoría de, manifesta expresamente a previa

aceptación da oferta de integración no novo sistema de atención primaria nos termos previstos no Decreto 200/1993, do 29 de xuño, modificado, pola súa vez, polo Decreto 161/1996, do 25 de abril.

En, de 1997.

(Sinatura)

ANEXO IV

BAREMO PARA TÓDALAS CATEGORÍAS OBXECTO DE CONCURSO

A) Por cada mes completo acreditado de servicios prestados con carácter fixo ou con praza en propiedade na categoría e/ou especialidade obxecto do concurso: 1 punto.

B) Por cada mes completo acreditado de servicios prestados con vínculo temporal na categoría e/ou especialidade obxecto do concurso: 0,50 puntos.

C) Por cada mes completo acreditado de servicios prestados con carácter fixo ou con praza en propiedade noutra categoría estatutaria: 0,50 puntos.

D) Existirá unha puntuación adicional, a razón de 0,50 puntos por mes completo, ata un máximo de 12 anos, pola acreditación de servicios prestados na categoría obxecto de concurso con carácter fixo ou con praza en propiedade e destino definitivo no nivel de atención primaria.

Nos apartados A), B) e D) os servicios prestados polos funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares e de practicantes titulares valoraranse de igual xeito que ó persoal estatutario, sen que en ningún caso poida haber dobre valoración dun mesmo período de tempo como consecuencia da obriga destes funcionarios de prestaren asistencia sanitaria.

E) Pola acreditación da superación do curso de iniciación en lingua galega: 18 puntos.

F) Pola acreditación da superación do curso de perfeccionamento en lingua galega: 36 puntos. A valoración deste apartado exclúe a do apartado E.

En canto á homologación dos coñecementos da lingua galega relativos ó grao de iniciación e perfeccionamento a que se refiren os apartados E) e máis F) do baremo, haberá que aterse ó disposto na seguinte normativa:

-Orde do 19 de xaneiro de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8 de xaneiro de 1989).

-Orde do 25 de abril de 1983, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29 de maio de 1989).

-Orde do 26 de novembro de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 246, do 23 de decembro).

ANEXO V

SOLICITUDE DE ADMISIÓN Ó CONCURSO DE TRASLADOS

Categoría:

Datos persoais

Apelidos Nome

DNI Data de nacemento

Domicilio para efecto de notificacións (municipio, rúa e nº)

Código postal Provincia Teléfono

Destinos solicitados por orde de preferencia (folla nº...)

Nº ordeCódigo de prazaNº ordeCódigo de prazaNº ordeCódigo de praza

(De solicitárense máis prazas, fotocopiar esta folla e numeralas)

Documentación achegada (marque cun X):

Fotocopia DNI, pasaporte ou permiso de conducir q

Fotocopia nomeamento q

Fotocopia última toma de posesión q

Fotocopia resolución concesión excedencia q

Fotocopia reingreso provisional q

Certificado servicios previos q

Fotocopia da instancia de integración no novo modelo de atención primaria q

Curso de iniciación ou perfeccionamento de lingua galega q

Outros documentos (indíquese)

En, de 1997.

(Sinatura)

Director Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO VI

CERTIFICACIÓN DE SERVICIOS PREVIOS

Don/Dona

director de xestión (ou equivalente)

Certifico que, segundo os antecedentes que constan neste centro,

Don/Dona DNI

ten acreditados os seguintes extremos:

A) Persoal en activo:

Categoría:

Centro de xestión, localidade e provincia:

Institución de dependencia:

Data de nomeamento en propiedade:

B) Persoal en excedencia:

Data da concesión:

Clase de excedencia:

C) Persoal con reingreso provisional:

Data da concesión:

Centro de xestión, localidade e provincia:

D) Servicios prestados:

Centro ou organismo/categoría/vínculo/data de inicio/data de cesamento/total tempo en días.

Observacións: (1)

E para que conste, por petición do interesado, expido a presente certificación, en, de 1997.

(Sinatura)

(1) Neste apartado, ademais das observacións que se consideren necesarias, os centros terán que especificar, na categoría de ATS/DUE, respecto a aquel persoal que dependa dun centro ou complexo hospitalario, aqueles casos en que os interesados posúan un nomeamento para institucións abertas do nivel de Atención Primaria ou equipo de atención primaria.

ANEXO VII

MODELO PARA ACREDITAR QUE A PRAZA DE ORIXE NOUTRA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PERTENCE A UN EQUIPO DE ATENCIÓN PRIMARIA REGULADO NO REAL DECRETO 137/1984, DO 11 DE XANEIRO

Don/Dona

Cargo

Certifica:

Que a praza de (categoría) de

(localidade ou centro) na que

don/dona DNI se

atopa en activo ou con reserva de praza, ou ben obtivo a excedencia nela, pertence a un equipo de Atención Primaria regulado no Real decreto 137/1984, do 11 de xaneiro, sobre estructuras básicas de saúde, ou de conformidade coa norma equivalente de ámbito autonómico.

En, de 1997.

(Sinatura)

5691