Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o proxecto de construcción do aproveitamento hidroeléctrico do río Puga, concello de Toén (Ourense), promovida en competencia por Energía de Galicia, S.A. e Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais

para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro) , dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción do aproveitamento hidroeléctrico do río Puga, concello de Toén (Ourense) promovida por Energía de Galicia, S.A. e Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, S.L.

2. Para os referidos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial do Medio Ambiente) da provincia de Ourense.

* Concello de Toén.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

5934