Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.393

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997 pola que se nomean as comisións que han xulga-los concursos de méritos para a provisión de dúas prazas convocadas por Resolución do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28).

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3 da Ley parcialmente orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo do informe da Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do día 24 de xaneiro de 1997, nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado mediante resolución con data do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse no prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 25 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

-Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: edafoloxía e química agrícola.

Praza número: 26/97.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª Luisa Andrade Couce, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vocais: José Mª Gasco Montes, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid-

Antonio Paz González, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Mª Isabel López López, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

Presidente: Francisco Guitián Ojea, profesor emérito, Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª Esther de Blas Varela, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vocais: Rafael Delgado Calvo-Flores, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Fernando Gil Sotres, profesor titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Mª del Carmen Leiros de La Peña, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

-Praza de: catedráticos de escolas universitarias

Área de coñecemento: didáctica da matemática.

Praza número: 27/97.

Comisión titular:

Presidente: Luis Rico Romero, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Vocal secretario: Enrique Vidal Costa, catedrático de escola universitaria, Universidade de Vigo.

Vocais: Josep María Fortuny Aymeni, catedrático de universidade, Universidade Autónoma de Barcelona.

Modesto Sierra Vázquez, catedrático de escola universitaria, Universidade de Salamanca.

Bernardo Gómez Alfonso, catedrático de escola universitaria, Universidade de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Carlos Hervés Beloso, catedrático de universidade, Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Enrique de La Torre Fernández, catedrático de escola universitaria, Universidade da Coruña.

Vocais: Margarita Estévez Toranzo, catedrática de universidade, Universidade de Vigo.

Hilario Grande Miguel, catedrático de escola universitaria, Universidade de Salamanca.

Ángel Gutiérrez Rodríguez, catedrático de escola universitaria, Universidade de Valencia

5656