Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamiento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-132, treito: Trabada-Vilafernando, t.m.: Trabada (clave: N/LU/91.1.2).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, con data do 1 de abril de 1997, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamiento da estrada LU-132, treito: Trabada-Vilafernando. T.M.: Trabada (clave: N/LU/91.1.2).

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 17 de abril de 1997, declárase a urxencia para efectos de aplicación do procedemento que

regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Trabaja e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considerase necesario.

Lugar: Casa do Concello de Trabada.

Horario: 9.30 horas a 14 horas.

Día: 4 de agosto de 1997.

De: Acebo Fernández, Josefina a Coto González, Mª Ángeles.

Día: 5 de agosto de 1997.

De: Coto Yanes, Álvarez a García Mosteiro, Gerardo.

Día: 6 de agosto de 1997.

De: García Reigada, Pilar a Martínez Rodríguez, Olimpia.

Día: 7 de agosto de 1997.

De: Maseda Gómez, Isabel a Rodríguez Fernández, José Ramón.

Día: 8 de agosto de 1997.

De: Rodríguez Fernández, Juan Ramón a Yáñez Reigada, Luis.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2ª da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública, ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla nº 131, 27001-Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 14 de xullo de 1997.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeneiro xefe provincial de Estradas

5940