Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 18 de xullo de 1997, aprobou definitivamente o estudio de detalle redactado por Manuel Otero Souto por instancia de Diasa, para adaptación de aliñacións e rasantes en parcela sita no camiño das Pedreiras, situado en solo urbano de media densidade.

O dito acordo pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG ou

prensa, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Carballo, 21 de xullo de 1997.

José Luis Castro Couto

Alcalde Acctal.

5318