Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do plan especial de ordenación do porto de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión extraordinaria do día 13 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o plan especial de ordenación do porto de Vigo, redactado polos enxeñeiros de camiños, canles e portos, Luis Lara Rubido e Joaquín Colunga Pérez, e somete-lo expediente a información pública durante o prazo dun mes, nos termos establecidos no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata transcorrido un mes do derradeiro anuncio. O expediente atópase na oficina da Xerencia Municipal de Urbanismo a disposición do público, planta baixa da Casa do Concello (expediente 4332/411/1997).

Vigo, 26 de xuño de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente

5905