Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO.

Acordada por resolución desta alcaldía, con data do 25-6-1997, a aprobación do plan parcial da canteira, presentado neste Concello en desenvolvemento do SUP nº 8 do vixente PXOU, procédese á publicación da presente resolución no DOG, BOP e un dos xornais de maior circulación da provincia, en aplicación do disposto no artigo 42 da Lei 7/1997, do solo de Galicia; acórdase a apertura do correspondente trámite de información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación do correspondente edicto no DOG, dándose traslado, así mesmo, da presente resolución de forma individualizada a cada un dos propietarios dos terreos incluídos neste plan parcial.

Durante o expresado prazo dun mes poderán presentarse neste Concello as alegacións e reclamacións respecto do devandito expediente.

A Guarda, 25 de xuño de 1997.

A alcaldesa

Rubricado

5904