Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para as revisións eléctricas das áreas críticas do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (C.P. 125/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: revisións eléctricas das áreas críticas do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (quirófanos e UVI), o número de unidades das cales figura no anexo I do prego de prescricións técnicas xunto e o detalle delas no anexo II

Orzamento: 9.000.000 de ptas. (750.000 ptas./mes).

Garantía provisional: 180.000 ptas.

-Lote 1: hospital Juan Canalejo.

Orzamento: 6.075.000 ptas.

Garantía provisional: 121.500 ptas.

-Lote 2: hospital Materno Infantil e C.E. O Ventorrillo.

Orzamento: 2.925.000 ptas.

Garantía provisional: 58.500 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: as revisións contratadas levaránse a cabo coa periodicidade que se detalla no anexo I do prego de prescricións técnicas.

III. Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio de licitación dacordo co artigo 88.2º da LCAP.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 50%.

2. Condicións do servicio: 50%.

Respecto ás condicións do servicio valoraranse os seguintes aspectos: experiencia acreditada polos licitadores en servicios de características similares ó presente, dispoñibilidade, medios humanos e materiais con que contan, así como os que asignarían á execución do contrato, melloras adicionais sobre as condicións mínimas establecidas nos pregos e calquera outro que permita enxuiza-la calidade coa que se levaría a cabo a prestación.

VI. Documentos de interese para os licitadores : o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde ás 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 3 de xullo de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

5906