Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración e implantación de 1.700.000 tarxetas sanitarias de plástico, con banda magnética, personalizadas en anverso e reverso a partir da información procedente da base de datos do sistema de tarxeta sanitaria (S-318/1997).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: ver punto 3.3 do prego de prescricións técnicas (anexo I).

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: subministración e implantación de 1.700.000 tarxetas sanitarias de plástico, con banda magnética, personalizadas en anverso e reverso a partir da información procedente da base de datos do sistema de tarxeta sanitaria.

-Orzamento total: cento catro millóns de pesetas (104.000.000 de ptas.), IVE incluido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver anexo V o prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19-8-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 26-8-1997.

b) Dirección á que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (D. Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do 8-9-1997).

8. Garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento de licitación:

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: pagamento fraccionado, en conta, contra presentación de factura pola cantidade subministrada en cada envío, logo de conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 6 de xuño de 1997.

17. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 21-7-1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

5919