Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 29 de xullo de 1997 Páx. 7.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de suturas mecánicas (C.P. 10/1997), e da subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de análises clínicas para a realización de probas do banco de sangue (C.P. 11/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca expedientes de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto mediante expediente anticipado de gasto de:

* C.P.10/1997, subministración sucesiva de suturas mecánicas. Orzamento: 16.500.000 (dezaseis millóns cincocentas mil pesetas). IVE incluído.

* C.P.11/1997, subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de análises clínicas para a realización de probas do banco de sangue.

Orzamento: 4.560.000 (catro millóns cincocentas sesenta mil pesetas). IVE incluído.

I. Plazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1997 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

II. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa de Burela, teléfono (982) 58 99 58 e fax (982) 58 99 08, durante o prazo de admisión de proposicións.

III. Admisión de variantes:

* C.P.10/1997: non se admiten.

* C.P.11/1997: admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora para a prestación da subministración mantendo en todo caso, as condicións básicas establecidas no prego de cláusulas.

IV. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

V. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

VI. Criterios de adxudicación:

* C.P.10/1997: calidade técnica: ata 5 puntos.

Prezo: ata 4 puntos.

Prazo de entrega: ata 4 puntos.

* C.P. 11/1997:

Calidade: características técnicas: ata 7 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Prazo de entrega: ata 3 puntos.

Asistencia técnica (mantemento): ata 2 puntos.

VII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa de Burela a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa de Burela ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 1 de xullo de 1997.

Fernando Varela Noreña

Director xerente da Xerencia do Hospital da Costa de Burela

5633