Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

O Pleno do Concello de Marín, en sesión do día 13 de xuño de 1997, prestou aprobación á modificación das bases aprobadas inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 29-11-1996, que rexerán no proceso selectivo para cubrir un posto de cabo da policía local.

Na súa consecuencia, acórdase facer público o contido das respectivas bases:

Bases específicas reguladoras do concurso de méritos para cubrir unha praza de cabo da policía local.

Persoal funcionario de carreira.

1. Obxecto da convocatoria e condicións dos aspirantes.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante concurso de méritos, dun posto de cabo da policía local vacante no cadro orzamentario do concello e dotada coas retribucións básicas e complementarias que figuran nela.

2. Descrición do posto. Denominación. Nivel. Localización e requisitos para o seu desempeño.

A praza convocada ten as seguintes características:

-Denominación: cabo da policía local.

-Número de prazas: una.

-Localización: servicio policía local.

-Grupo de clasificación: D.

-Requisitos de titulación: título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

-Outros requisitos: estar en posesión dos carnés de conducción A-1, A-2, B-1 e B-2.

Funcionarios que poden optar: todos aqueles funcionarios pertencentes á policía local coa categoría de garda e que leven dous anos como mínimo de servicios ininterrompidos o Concello de Marín, debendo superar con posterioridade o curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade.

3. Baremo de puntuación de méritos.

A) Experiencia profesional: por cada ano de servicios prestados como garda da policía local en calquera concello de Galicia, 0,25 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

B) Formación profesional: por cada curso relacionado coas funcións que se van desempeñar e realizado en centro oficial de calquera Administración pública.

-Cunha duración igual ou superior a 40 horas lectivas e certificado de aproveitamento: 0,5 puntos.

-Cunha duración inferior a 40 horas e superior a 10 horas e certificado de aproveitamento: 0,25 puntos.

-Cursos con certificado de asistencia sen acreditar aproveitamento: 0,15 puntos.

A puntuación total por este apartado non poderá supera-los 1,5 puntos.

C) Formación académica.

-Pola posesión de titulacións de formación profesional de 2º grao ou de bacharelato superior ou titulación oficial asimilada, outorgaranse 0,30 puntos.

-Por cada diplomatura ou primer ciclo de licenciatura, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente, ou pola titulación de enxeñeiro técnico ou arquitectura técnica: 0,75 puntos.

-Por titulación do segundo ciclo de literatura, enxeñería ou arquitectura: 1 punto.

Non se valorarán as titulacións inferiores necesarias para á obtención de outras superiores alegadas.

D) Coñecemento do idioma galego.

-Curso de iniciación ó galego con aproveitamento ou validación deste: 0,5 puntos.

-Curso de perfeccionamento de galego con aproveitamento: 0,75 puntos.

No caso de acreditar este último curso non se valorará o de iniciación.

Só se concederá validez polo que á acreditación do coñecemento do idioma galego se refire, os cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

E) Mencións honoríficas.

Valoraranse ata un máximo de 0,5 puntos as mencións honoríficas e condecoracións de carácter oficial recoñecidas legalmente e presentadas polos aspirantes.

4. Acceso ó posto de traballo.

Finalizado o proceso de valoración, celebrarase unha entrevista persoal coa comisión de valoración, coa asistencia de dous técnicos especialistas; valo

rarase a aptitude psicolóxica e adecuación a función policial que se vaia desempeñar. Este apartado cualificarase como apto ou non apto, sendo para efectos de puntuacións outorgado con 5 puntos a súa superación.

Finalizado o proceso de valoración, en caso de empate na puntuación final, proporase para o posto de traballo o aspirante de maior antigüidade no servicio.

Rematado o devandito proceso, o aspirante proposto polo tribunal será nomeado funcionario en prácticas coa obriga de superar un curso de aptitude na Academia Galega de Seguridade, tralo cal será nomeado funcionario de carreira no posto convocado.

5. Comisión de valoración.

Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

-Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

-O xefe do servicio correspondente á especialidade.

-O concelleiro delegado da área correspondente á praza convocada.

-Un funcionario designado pola alcaldía pertencente a calquera das administracións públicas (Administración do Estado, autonómica, local); non poderá recae-la designación en persoa que posúa a condición de concelleiro do Concello de Marín.

-Un representante da xunta de persoal designado por aquela. O referido representante actuará con voz pero sen voto.

A comisión poderá requiri-la presencia de asesores, ata un máximo de dous, que actuarán con voz pero sen voto.

O funcionamento da comisión axustarase ó previsto na Lei de procedemento administrativo, quedando facultada para resolve-las dúbidas que se presenten no procedemento de valoración.

6. Procedemento de valoración e funcionamento da comisión.

a) As solicitudes nas que se opte ó posto de traballo xunto coa documentación acreditativa dos méritos que se aleguen, presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación das presentes bases no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación no taboleiro de edictos do concello.

b) Rematado o prazo de presentación de instancias, farase pública a lista de admitidos e excluídos xunto coa composición da comisión de valoración e data na que comezarán os traballos da referida comisión.

c) Transcorrido o proceso de valoración e entrevista elevarase a definitiva a proposta de nomeamento, e farase pública. No suposto de que houbese reclamacións, a comisión de valoración reunirase para os efectos da súa resolución e determinación da proposta definitiva de nomeamento que fará a alcaldía.

d) Efectuado o nomeamento pola alcaldía en favor daquel aspirante que fora proposto pola comisión de valoración, será publicado no BOP e taboleiro de edictos do concello, debendo o aspirante tomar posesión nos tres días seguintes a partir da referida publicación, que se trasladará ó inmediato hábil no caso de que coincidise en festivo.

A toma de posesión unicamente poderá ser atrasada en función de motivos plenamente xustificados.

O posto de traballo que resulte vacante como consecuencia do presente concurso de méritos será incorporado para ser cuberto dentro da seguinte oferta de emprego público.

7. Incidencias.

No non previsto nas presentes bases, serán de aplicación os preceptos básicos contidos na Lei 7/1985, do 2 de abril, Real decreto lexislativo 781/1986, e Real decreto 896/1991, así como na lexislación que sexa aplicable.

Marín, 17 de xuño de 1997.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde

5497