Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUALEDRO

EDICTO.

Unha vez aprobado pola Corporación o proxecto de escudo heráldico deste municipio, en sesión ple

naria celebrada o día 26-6-1997, en cumprimento do disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sométese o expediente de referencia a exposición pública polo prazo dun mes, para efectos de reclamacións, podendo ser examinado na secretaría do concello, durante a xornada de traballo de oficinas.

Cualedro, 1 de xullo de 1997.

Marina Cuquejo Taboada

Alcaldesa

5024