Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (19/1997-1).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xurisdicción voluntaria sobre consignación de chaves, tramitados neste xulgado co nº 19/1997-1, se dictou auto con data do 26 de xuño de 1997 no que se acorda:

Que se ten por cumprida a obriga do demandante José Castro Pérez de devolve-la posesión da vivenda sita no baixo da rúa do Medio, 27, de Santiago de Compostela, mediante a consignación destas neste xulgado. Expídase edicto para a súa publicación no DOG, no que se anunciarán as persoas que se indican cono propietarias, que as chaves se atopan á súa disposición neste xulgado, e que non se ten por firme esta resolución ata que conste tal publicación. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación no prazo de cinco días. Así o acorda, manda e asina Ángel Pantín Reigada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, e dou fe.

E para que así conste e lles sirva de notificación ós posibles herdeiros de Manuel Coto Gómez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e sete. Dou fe.

A secretaria

Rubricado

5838