Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (287/1996-03).

Eu, Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que na executoria 287/1996, seguida por abandono de familia, contra José Piñeiro Montero, se acordou sacar a poxa pública, por primeira, segunda e terceira vez e polo termo de vinte días, o vehículo propiedade do penado José Piñeiro Montero, vehículo marca Renault 18, modelo GTS, matrícula M-0154-EB, con data de matriculación o 4-11-1980, valorado pericialmente en setenta e cinco mil pesetas (75.000 ptas.)

Para o acto da poxa sinálase o vindeiro día 22 de setembro de 1997, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado e os días trece de outubro e tres de novembro ás doce horas, para o suposto de que non houbese licitadores, respectivamente na primeira e segunda poxa.

Prevense os licitadores:

1) Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo de taxación de setenta e cinco mil pesetas (75.000 ptas.), as 2/3 partes deste para a segunda e a terceira, se é o caso, celebrarase sen suxeición a tipo.

2) O remate non poderá facerse en calidade de cederllo a un terceiro.

3) Para tomaren parte na poxa deberán consignar na mesa do xulgado o 20% do tipo polo que sae a poxa; e en tódalas poxas desde o anuncio ata a celebración poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, xuntando resgardo de ter depositado a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 66000-4-clave 1585, concepto 78, executoria 99/94.

O vehículo e a súa documentación encóntranse en poder do seu propietario, José Piñeiro Montero, domiciliado na rúa Estocolmo, R-8-5, terceira escaleira-2 E (Santiago de Compostela), (garaxe propiedade do referido penado).

Dado en Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

5638