Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 28 de xullo de 1997 Páx. 7.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (54/1996-1).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe de que no xuízo de menor contía 54/1996-1 que se segue neste xulgado, se dictou a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, 10 de xuño de mil novecentos noventa e sete, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 5 dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía 54/1996-1, no que actuaron como demandante Elvira Fernández Díaz, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido pola letrada Otilia Sánchez Garrido e, como demandados, a empresa Vicente García Porto e Lucinda Jesús Cunha Silvino.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo condenar solidariamente ós demandados a elimina-lo muro de bloques construído e a retira-las terras depositadas no predio da demandada, ata que sobre o muro de formigón e a caseta da demandante o nivel e o empuxe das terras que sobre aqueles se apoiaban foran os mesmos ou inferiores ós que existían antes das citadas obras, e a que realicen as obras necesarias para que a auga procedente do predio da demandada volva a chegar ó predio da demandante do mesmo xeito en que antes acontecía, todo o cal se levará a cabo da maneira proposta no informe percicial ou de calquera outra que se acredite en execución de sentencia, que produza os efectos anteriores e evite todo posible prexuízo ó predio da demandante; igualmente os demandados solidariamente indemnizarán á demandante nos danos e prexuízos causados derivados das obras de limpeza, pintado e reparación da caseta e restauración do barroteiro e zona de sondaxe abertos, expresados no informe

pericial, con imposición das custas do procedemento ós demandados.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación á demandada rebelde Lucinda Jesús Cunha Silvino, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

5644