Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación de asistencias técnicas 2/1997, mediante o sistema de concurso con procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1.-Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos ou execución dos

traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2.-Fianza provisional: exenta.

3.-Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas a 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas nº 4 e 6, baixo.

4.-Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

5.-Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7.-Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Amoroce (concello de Celanova-Ourense) BD-2087 - ES/OUR-97.29

Orzamento: sete millóns duascentas cincuenta e dúas mil cento oitenta e nove (7.252.189) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Acevedo-Milmanda (concello de Celanova-Ourense) PR-2385 - ES/OUR-97.30

Orzamento: dezaoito millóns trescentas dezasete mil trescentas sesenta e nove (18.317.369) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona de Laza (concello de Laza-Ourense) PR-2383 - ES/OUR-97.31

Orzamento: vintecatro millóns setecentas setenta mil seiscentas corenta e unha (24.770.641) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria da zona de Cartelle (concello de Cartelle-Ourense) PR-2386 - ES/OUR-97.32

Orzamento: vinteún millóns seiscentas cincuenta e nove mil oitocentas trinta e tres (21.659.833) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de San Millán (concello de Cualedro-Ourense) PR-2384 - ES/OUR-97.33

Orzamento: dez millóns duascentas setenta e cinco mil cincocentas noventa e oito (10.275.598) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Cualedro-Carzoa-Vilela (concello de Cualedro-Ourense) AC-2080 - ES/OUR-97.34

Orzamento: doce millóns setecentas corenta e unha mil setenta e oito (12.741.078) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Novas-Gudín (concello de Xinzo de Limia-Ourense) AC-2382 - ES/OUR-97.35

Orzamento: catro millóns trinta e sete mil catrocentas trinta e tres (4.037.433) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica das trazas dos camiños de concentración parcelaria da zona de Cartelle (concello de Cartelle-Ourense) ES/OUR-97.36

Orzamento: dous millóns oitocentas oitenta e catro mil catrocentas oitenta e sete (2.884.487) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes

da concentración parcelaria da zona de Rabal (concello de Oímbra-Ourense) ES/OUR-97.37

Orzamento: tres millóns oitenta e nove mil trescentas trinta e cinco (3.089.335) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

Ourense, 10 de xullo de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

5827