Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xullo 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de reactivos e instrumental de laboratorio para o Programa de Saneamento Gandeiro.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de reactivos, e instrumental de laboratorio para o Programa de Saneamento Gandeiro, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: dezaseis millóns cincocentas mil pesetas (16.500.000 ptas.).

Lote 1:Reactivos para diagnóstico serolóxico de

Leucosis Bovina Enzoótica suficientes

para 80.000 determinacións6.000.000 ptas.

Lote 2:Reactivos para cultivo bacteriológico 2.200.000 ptas.

Lote 3:Reactivos para identificación

de xermes en análises bacteriolóxicas

e realización de antibiogramas5.000.000 ptas.

Lote 4:A) 1 dispensador automático para microplacas.

B) 1 lavador de microplacas.3.300.000 ptas.

Total: 16.500.000 ptas.

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional:

Lote 1: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Lote 2: corenta e catro mil pesetas (44.000 ptas).

Lote 3: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Lote 4: sesenta e seis mil pesetas (66.000 ptas.).

Fianza definitiva:

Lote 1: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).

Lote 2: oitenta e oito mil pesetas (88.000 ptas.).

Lote 3: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

Lote 4: cento trinta e dúas mil pesetas (132.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 26 de agosto de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13.30 horas do día 2 de setembro de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

5828