De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución de espacios naturais por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, para conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.
Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.
Pontevedra, 19 de xuño de 1997.
Pilar Pita Ponte
Instructora
ANEXO
Expediente: C-25/1996.
Denunciado: Jesús Mougán Pintos.
Último domicilio coñecido: Tremoedo, 48, Vilanova de Arousa.
Feito denunciado: tenencia non autorizada de furóns cos fins de comercializacion, o día 13 de decembro de 1996, termo municipal Vilanova de Arousa.
Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, en relación co artigo 7 do Real decreto 1095/1989.
Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.
Sanción: 100.000 ptas.
5829