Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores (C-99/1996 e cinco máis) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 19 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Último domicilio coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción

C-99/1996Clemente González Abal

Tarrío, 15-Caleiro-Vilanova

de Arousa

Cazar nun couto sen permiso (PO-10.124), o día 20 de outubro de 1996, no termo municipal de Vilanova de Arousa.Artigo 48.1.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza4.000 ptas.
C-134/1996Manuel Jamardo Arca

Galáns, s/n-Corón, Vilanova de Arousa

Cazar sen permiso do couto (PO-10.066), o día 27 de outubro de 1996, no termo municipal de Cuntis.Artigo 48.1.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza4.000 ptas.
C-136/1996Manuel Jamardo Arca

Galáns, s/n-Corón, Vilanova de Arousa

Cazar sen escopeta e cans sen permido do couto (couto PO-10.066), o día 3 de novembro de 1996, no termo municipal de Cuntis.Artigo 48.1.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza4.000 ptas.
C-175/1996Ramón Alonso Fernández

Galáns, s/n-Corón-Vilanova de Arousa

Levar munición de perdigóns nunha batida de caza maior e te-las armas cargadas con ela, (couto PO-10.182), o día 9 de novembro de 1996, no termo municipal de Lalín.Artigo 48.2.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza3.000 ptas.
C-212/1996Camilo Fernández Iglesias

Rexomil, 2-Guizán, Mos

Cazar nun couto vedado con rifle, acompañado de cans caseiros, non cobrando peza ningunha, couto PO-10.039 e 10.040, o día 24 de novembro de 1996, no termo municipal de Mos.Artigo 48.2.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza3.000 ptas.
C-233/1996Antonio Lorenzo Vidal

Avda. Fragoso, 62-3º Vigo

Cazar nun couto privado de caza carecendo de permiso (couto PO-10.187), o día 5 de decembro de 1996, no termo municipal de Caldas de Reis.Artigo 48.1.8 da

Lei 1/1970, de caza

Artigo 48 da Lei 1/1970, de caza4.000 ptas.

5614