Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos espacios naturais dos expedientes sancionadores (C-18/1996) (E.N. Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 19 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-18/1996.

Denunciado: José Ramón Costas Piñeiro.

Último domicilio coñecido: Lugar Quintáns, 64-Meiro-Bueu.

Feito denunciado: cazar xunto con outras dúas persoas, frinxílidos utilizando unha rede de canón de 8 m. e reclamos, o día 9 de novembro de 1996, no termo municipal de Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre en relación co artigo 4 e anexo III do Real decreto 1095/1969.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 ptas.

5613