Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor dos expedientes sancionadores (C-168/1996) (caza-Pontevedra).

De conformidad co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 19 de xuño de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-168/1996.

Denunciado: Clemente González Abal.

Último domicilio coñecido: Tarrío, 15-Caleiro, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización. Sendo denunciado outras dúas veces nesta temporada, o día 3 de novembro de 1996, termo municipal de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 5.000 ptas.

5612