Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado gasificación de Galicia: ramal a Ferrol.

Enagás, S.A., titular da concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural, presentou perante a Consellería de Industria e Comercio solicitude para a declaración de proxecto sectorial da incidencia supramunicipal do denominado proxecto de instalacións gasificación de Galicia: ramal a Ferrol, autorizado por esta dirección xeral mediante Resolución do 19 de febreiro de

1997, afectando os termos municipais de Irixoa, Monfero, Pontedeume, Cabanas, Fene e Neda.

O interese público da execución do dito proxecto xustifica a declaración do proxecto de gasificación como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, dado que a trascendencia da infraestructura enerxética gasista supera o simple ámbito local, invadindo todo o ámbito rexional afectado.

Por isto, por acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de xullo de 1997, declarouse a incidencia supramunicipal do citado proxecto de instalacións gasificación de Galicia: ramal a Ferrol do que as súas determinacións, unha vez aprobado definitivamente polo mesmo órgano, vincularán o planeamento dos entes locais en que se asenten as súas instalacións, que terán que adaptarse a elas dentro dos prazos que para tal efecto se determine, designándose a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación do dito expediente.

Conforme o anterior, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 25.3º da citada Lei 10/1995, do 23 de novembro, sométese a información pública o referido proxecto sectorial durante o prazo dun mes contado desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse o proxecto nas dependencias desta dirección xeral, así como na Delegación de Industria na Coruña.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5611