Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/91-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cía. Electrificación A Illa de Arousa.

Enderezo social: apartado 59, 36080 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: R.B.T. Cabodeiro.

Situación: A Illa de Arousa.

Descricións técnicas: R.B.T., aérea, de 3.933 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, na zona de Cabodeiro, concello da Illa de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5709