En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das necesidades do servicio e da urxencia de dispor do local, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na travesía do Ribeiro, 3, baixo, de Ribadavia (Ourense) para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda
97-5851