Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Alpinatour, S.A.L., sita na rúa Antonio Viñes, 8, na Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Nieves Folgueira García, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Alpinatour, S.A.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na Coruña, na rúa Antonio Viñes, 8, da axencia de viaxes Viajes Alpinatour, S.A.L., do grupo minorista, co código identificativo CIC MA nº 570, que ten a súa casa central en San Sebastián de los Reyes, (Madrid), na Avda. de Madrid, predio 50, local 15.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude entregou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Resultando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para

autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Alpinatour, S.A.L., sita en San Sebastián de los Reyes (Madrid), na Avda. de Madrid, predio 50, local, 15, da que é titular a entidade mercantil Viajes Alpinatour, S.A.L., a apertura dun novo establecemento na Coruña, na rúa Antonio Viñes, 8, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

5627