Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan. (RC-PO-97.23 e dúas máis).

a) Obras.

1. Pavimentación da estrada PO-211 entre o p.k. 1,320 ó p.k. 2,290 no concello de Silleda.

Clave: RC-PO-97.23

Orzamento: vintenove millóns seiscentas vintedúas mil trescentas cinco (29.622.305) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Grupo I, subgrupo 1, categoría b.

Garantía provisional: non se precisa.

2. Luz pública na estrada PO-332, do p.k. 2,800 ó p.k. 5,600 de Nigrán a Pegos Negros. Vincios. Concello de Nigrán.

Clave: RC-PO-97.27

Orzamento: dezaoito millóns duascentas oitenta e nove mil trescentas setenta e cinco (18.289.375) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

3. Prolongamento da urbanización da estrada C-550 en Castrelo 1ª e 2ª fase. Cambados.

Clave: RC-PO-97.34

Orzamento: sesenta millóns duascentas trinta e seis mil duascentas cincuenta e tres (60.236.253) ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como os proxectos, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n. Teléfono: (986) 80 56 42

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de

contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás dez horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 10 de xullo de 1997.

José M. Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

5848