Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 7 de xullo de 1997, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a delimitación do polígono A, previsto no plan parcial de ordenación do solo urbanizable non programado nº 6 (SUNP-6) en San Lázaro.

2. Fixar como sistema de actuación o de cooperación e inicia-lo expediente de reparcelación do citado polígono A.

3. Aprobar incialmente o proxecto de reparcelación do polígono A, formulado de oficio polo Concello, ó abeiro do previsto no artigo 100 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

En cumprimento do disposto polos artigos 102.4º e 121.1º da Lei do solo de Galicia, os expedientes de delimitación e de reparcelación do polígono A expóñense ó público durante o prazo de vinte días soltos, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O inicio do expediente de reparcelación determina automaticamente, por aplicación do establecido no artigo 102.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito do polígono suxeito a reparcelación, que se describe de seguido:

* Bolsa leste (usos terciarios):

Norte: estrada C-547 de Santiago de Compostela a Lugo, no denominado tramo rúa de San Lázaro.

Sur: rúa de Fernando Casas Novoa ou bulevar que separa o SUNP-6 do ámbito da zona deportiva contigua (estadio multiusos).

Leste: avenida Gonzalo Torrente Ballester (periférico), no tramo situado entre o nó de acceso desde a estrada de Lugo ata a rotonda de acceso ó campo de fútbol.

Oeste: rúa de Manuel Ferro Caaveiro, que conecta en dirección norte-sur a estrada de Lugo co bulevar do estadio, pasando polo Pazo de Congresos. Inclúese tamén no polígono A un grupo de terreos situados na marxe sudoeste deste vial.

* Bolsa oeste (uso residencial):

Norte: estrada C-547 de Santiago de Compostela a Lugo, no tramo anterior ó vial de acceso ó estadio.

Sur: bulevar do estadio de San Lázaro (rúa de Fernándo Casas Novoa).

Leste: vial interior que conecta, en dirección norte-sur, a estrada de Lugo co bulevar do estadio.

Oeste: núcleo de San Lázaro.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Edicto.

Na relación de parcelas afectadas pola reparcelación figuran, entre outras, as seguintes de propietarios descoñecidos:

-Parcelas números 3 e 4, sitas na esquina sudoeste do SUNP-6, en contacto co núcleo de San Lázaro.

* Parcela nº 3, de 103 m, que linda ó norte e leste con Gumersinda Otero Castelar e ó oeste con camiño de acceso ó núcleo de San Lázaro desde a estrada de Lugo.

* Parcela nº 4, de 770 m, que linda ó norte coa anteriormente descrita, ó leste con Marcelino Rilo Vázquez, e ó sur e ó oeste con camiños que separan o núcleo de San Lázaro do ámbitro do SUNP-6.

Por descoñecerse a identidade dos seus respectivos propietarios, practícase a preceptiva notificación por medio deste edicto, de conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, para que

lles sirva de citación en forma legal ós propietarios das parcelas descritas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

5852