Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 1997, aprobou inicialmente os plans parciais de ordenación dos solos urbanizables non programados (SUNP) números 2 (Salgueiriños), 3 (Cancelas-Mallou), 7 (O Avío), 9 (Belvís), 13 (A Estrada), 15 (Ponte Pereda) e 16 (Volta do Castro).

No ámbito de cada un dos plans parciais aprobados delimítase un único polígono, que abrangue a totalidade do respectivo SUNP e que se executará polo sistema de expropiación.

O expediente de expropiación forzosa será tramitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, que por medio de resolución do seu director xeral con data do 19 de xuño, aprobou inicialmente a relación dos bens e dereitos afectados pola actuación.

En cumprimento do disposto polos artigos 42 da Lei do solo de Galicia e 199 do Regulamento de xestión urbanística, os plans parciais e a relación de bens e dereitos afectados expóñense ó público durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados podrán consulta-los expedientes nas dependencias do Mercado de Gando sitas en Salgueiriños, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do establecido no artigo

34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito dos respectivos plans parciais.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Edicto.

Na relación de parcelas afectadas polos plans parciais figuran, entre outras, as seguintes:

-Parcela nº 2 do SUNP-16 (Volta do Castro), de propietario descoñecido, sita no lugar de Ribeiro, que linda ó norte con Concepción Varela Ramos, ó sur con María Vázquez Prieto, ó leste con Rioboo Concheiro e ó oeste co arroio.

-Parcela nº 1 do SUNP-7 (O Avío), propiedade de Mª del Pilar Mejuto Calvo.

-Parcela nº 23 do SUNP-7 (O Avío), propiedade de Juan Rodríguez Calvo.

-Parcela nº 29 do SUNP-7 (O Avío), propiedade de José Miramontes Calviño.

Por descoñecerse a identidade ou o paradoiro dos seus respectivos propietarios, practícase a preceptiva notificación por medio deste edicto, de conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, para que lles sirva de citación en forma legal ós propietarios das parcelas sinaladas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

5816