Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 14.1 do vixente PXOU A Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o dous de xuño de mil novecentos noventa e sete, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da unidade de execución número 14.1 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana-A Parda, e anexo a este de xaneiro de 1997, sendo formulado este proxecto mediante iniciativa

particular pola totalidad dos particulares e entidades mercantís propietarias dos terreos que conforman a unidade e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Carlos Álvarez Tranche, visado polo seu colexio profesional o 22-10-1996.

O que se fai público para a súa executividade, suliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 10 de xuño de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5817