Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.238

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN MANUEL VENTURA FIGUEROA

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria para a determinación do parente máis próximo -patrón de sangue- do fundador.

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de novembro de 1995, noméase con carácter provisional o padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa. O artigo 2 da citada orde dispón: «Unha vez constituído o padroado, este procederá mediante convocatoria pública á determinación do parente máis próximo do fundador, no que recaerá a condición de patrón de sangue desta».

Constituído o padroado, na súa reunión do día 24 de xullo de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: «Prepara-las bases para que o padroado, á maior brevidade posible, proceda, mediante convocatoria pública, á determinación do parente máis próximo do fundador, no que recaerá a condición de patrón de sangue da fundación».

Para tal efecto, anúnciase convocatoria pública para a determinación do parente máis próximo de Manuel Ventura Figueroa Barreiro, gobernador do Consello e Cámara de Castela, patriarca das Indias e arcebispo de Laodicea, fillo do matrimonio habido entre Manuel Cabanelas Figueroa e María Benita Barreiro Rodríguez e nado en Santiago de Compostela o día 21 de decembro de 1708; de acordo coas seguintes bases:

1º. A acreditación do grao de parentesco con Manuel Ventura Figueroa levarase a cabo a través de calquera medio admitido en dereito.

2º. As persoas interesadas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remitirán toda a documentación que consideren oportuna para acredita-lo seu grao de parentesco, mediante solicitude, segundo modelo anexo, dirixida o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, presidente do padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria e presidente do Padroado

5812