Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada con data 3 de xullo de 1997, adoptou o seguinte acordo:

9º. Proposta de aprobación definitiva con condicións, do estudio de detalle do ámbito territorial chamado contorno da unidade de actuación número 13.

Dáse conta da proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Vivenda e Industria así como do informe emitido polo secretario da corporación, que transcritos literalmente din:

«A Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Vivenda e Industria, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo que transcrito di asi: «Aprobado inicialmente o estudio de detalle por resolución da alcaldía, do 3 de abril de 1997.

Visto así mesmo outra documentación que consta no expediente, a Comisión Informativa, en votación ordinaria e por maioría dos señores asistentes, estimou oportuno proponerlle ó Pleno da Corporación, a adopción dos eguinte,

ACORDO:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle no contorno da unidade de actuación nº 13.

«Informe de secretaría. Visto o expediente administrativo referente á aprobación do estudio de detalle no contorno da unidade de actuación número 13 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, esta secretaría, de conformidade co disposto no artigo 54 do

Real decreto lexislativo 861/1986, polo que se aprobou o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, emite o seguinte informe:

Primeiro.-Previsións normativas sobre a finalidade, límites e documentación dos estudios de detalle.

1.1. Finalidade do estudio de detalle.

A Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, dispón no seu artigo 30 que os estudios de detalle se poderán formular cando fose preciso complementar ou, se é o caso, adaptar determinacións establecidas nos plans xerais, para o solo urbano, e nos plans parciais.

Do xogo conxunto do precepto citado e do artigo 65 do Regulamento de planeamento, o contido dos estudios de detalle terá por finalidade en solo urbano establecer ou reaxustar, segundo os casos:

a) O sinalamento de aliñacións ou rasantes, completando as que xa estivesen sinaladas polo planeamento superior correspondente (Plan Xeral), nas condicións que o dito documento fixe.

b) A ordenación de volumes de acordo coas especificacións do planeamento e completar, se é o caso, a rede de comunicacións definida nos mesmos con aquelas vías interiores que resulten necesarias para proporcionarlles acceso ós edificios, dos que a ordenación concreta se estableza no E.D.

1.2. Límites do estudio de detalle.

Dos preceptos sinalados no apartado precedente dedúcese que os límites dos estudios son os seguintes:

a) Deberán manter e respecta-las determinacións do planeamento, sen altera-lo aproveitamento que lles corresponde ós terreos comprendidos no seu ámbito, polo que a ordenación de volumes non poderá supoñer aumento da ocupación do solo, nin dar alturas máximas e dos volumes edificables previstos no plan, nin altera-lo uso exclusivo ou predominante asignado por este.

b) En ningún caso poderán ocasionar prexuízo nin alterar-las condicións de ordenación dos predios contiguos e, polo tanto, non poderán conter determinacións propias do plan xeral que non estivesen previamente establecidas.

c) A posibilidade de establecer aliñacións e rasantes limitarase ás vías da rede de comunicacións definidas no plan coas determinacións que desenvolva.

d) Adaptación ou reaxuste do sinalamento de aliñacións ou rasantes do plan xeral ou plan parcial, non poderá supoñer reducción do largo do espacio destinado a viais, nin das superficies destinadas a espacios libres nin orixinar aumento de volume.

1.3. Documentación.

Conforme o artigo 66 do Regulamento de planeamento urbanístico, os estudios de detalle conterán unha memoria xustificativa da súa conveniencia e

da procedencia das solucións adoptadas e planos a escala adecuada e, como mínimo, 1:500 que expresen as determinacións que se completan, adaptan ou reaxustan, con referencias precisas á nova ordenación e a súa relación coa anterior.

Así mesmo, cando se modifique a disposición dos volumes efectuarase, ademais, un estudio comparativo da edificabilidade resultante por aplicación das determinacións previstas no plan e das que se obteñen no estudio de detalle, xustificando o cumprimento do establecido sobre este extremo polo artigo 65.3º do Regulamento de planeamento (é dicir, que no se reduce o largo dos viais previstos no plan, nin a superficie destinada a espacios libres por este, non se orixina aumento de volume).

Segundo.-Procedemento e competencia para a aprobación do estudio de detalle.

Do exame do expediente despréndese que se observou o procedemento establecido polo artigo 44 da Lei do solo de Galicia, posto que, ademais de aprobarse inicialmente polo alcalde, conforme ás atribucións que lle confire o artigo 21 da Lei reguladora das bases de réxime local, modificado polo Real decreto-lei 5/1996, estivo sometido a información pública durante un mes, mediante edictos publicados no taboleiro de edictos da Casa do concello, diario La Voz de Galicia, BOP e Diario Oficial de Galicia e, ademais, notificóuselles persoalmente o dito trámite para alegacións ós propietarios dos terreos, así como a Unión Fenosa (titular dun transformador) e ós titulares dun aproveitamento de auga situado no ámbito do estudio de detalle.

Unha vez que se teña producido, se é o caso, a aprobación definitiva do estudio de detalle, deben observarse os trámites seguintes:

a) Dilixenciado dos planos e documentos que o integran, pola secretaría do concello, facendo constar que son os aprobados definitivamente.

a) Publicación do acordo de aprobación definitiva no BOP e no Diario Oficial de Galicia e notificación deste ós interesados no procedemento, e dicir, ós propietarios de terreos e titulares de dereitos situados no ámbito do estudio (artigos 48.2º da Lei do solo de Galicia e artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas de 1992).

b) Comunicación, no prazo de dez días, do acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, xuntamente cunha copia do expediente (artigo 140.5º do Regulamento de planeamento).

Finalmente, sinalar que a aprobación definitiva do estudio lle corresponde ó Pleno, á vista do disposto no artigo 22.1º apartado c) da LBRL, e require o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros que a integran, segundo dispón o artigo 47.3º apartado i) da citada lei.

Terceiro.-Análise do cumprimento das prescricións sobre documentación do estudio de detalle.

O proxecto de estudio de detalle, inicialmente aprobado, estímase que, desde o punto de vista formal da documentación requirida, cumpre a normativa vixente, posto que contén memoria xustificativa onde se concreta o marco legal, información básica de planimetría, normativa urbanística e do seu desenvolvemento, delimitación da área, condicións de desenvolvemento urbanístico, rede viaria e aliñacións, rasantes, solos de cesión, ordenación de volumes, xustificación do cumprimento da normativa legal, cadro comparativo de volumes, e anexos (as fichas das unidades da área, a ordenanza do parte do Sartego, lista de coordenadas de replanteo, así como a planimetría de ordenación correspondente.

Cuarto.-Acomodación ás determinacións do plan xeral e observancia das limitacións impostas pola legalidade vixente.

Segundo se deduce da memoria do estudio de detalle e do informe emitido sobre este polo enxeñeiro municipal en marzo de 1997, aquel acomódase, en termos xerais, á modificación do plan xeral, pero presenta catro aspectos puntuais que de seguido se analizan e que deben ser modificados no acto de aprobación definitiva.

A primeira cuestión que se presenta é a referida a certos reaxustes no ámbito perimetral do ámbito de actuación do estudio de detalle. Existen certos axustes mínimos e escasamente significativos polos lindeiros noroeste e oeste que se considera simples acomodacións de escala ou de adaptación ós lindeiros reais dos predios. Nembargantes, o reaxuste na delimitación na zona leste do ámbito da unidade de execución 13 b), correspondente a propiedade da familia González Cela é moito máis transcendente, sendo de destaca-lo escrito presentado por Gerardo González Cela en canto á necesidade dun levantamento topográfico fidedigno, por considerar que a dita delimitación non se axusta á realidade física da parcela e presenta diferencias na grafía respecto á modificación puntual. Certamente, na propia memoria do estudio de detalle non se oculta como se recolle no informe do enxeñeiro municipal, as modificacións que se introducen na liña perimetral por esta orientación leste da unidade 13 b), con

alteración ó norte, leste e sur desa franxa leste da unidade, coa finalidade de acada-la superficie de 2,28 ha como achega da referida familia, segundo o convenio urbanístico asinado e a modificación puntual do plan xeral.

Dada a imprecisión apuntada, o informante considera que o procedente e regulamentario é manter no acto de aprobación definitiva do estudio de detalle a delimitación que para esa zona leste da unidade de actuación 13 b) se fixou na modificación puntual do plan xeral (tal como xa se reflicte no acto de aprobación inicial do estudio de detalle), sen prexuízo de que inmediatamente se proceda ó levantamento dun plano topográfico fidedigno que permita fixar

con total precisión e exactitude e a concreta-las 2,28 ha de achega da familia Cela, tal como se determina no convenio urbanístico e modificación do planeamento mencionado, e no caos de cumpri-la realización dun reaxuste na franxa leste da unidade de execución 13 b) para conseguir que aquela achega sexa exactamente de 2,28 ha, poderá efectuarse, de xeito paralelo e simultáneo coa aprobación do proxecto de reparcelación, pero a través da vía procedemental adecuada, conforme o artigo 50.4º da Lei do solo de Galicia (que permite reaxustes nas delimitacións dos ámbitos de planemaneto ou dos polígonos, sempre que se cumpran as condicións do dito precepto e non supoñan alteracións superiores ó 15 por cento da superficie do ámbito en cuestión).

A segunda discrepancia, xa apuntada no informe do enxeñeiro municipal, e tomada tamén en consideración no acto de aprobación inicial, refírese á altura prevista no estudio de detalle para a edificación que se vai emprazar na subparcela 1.4. Sobre esta cuestión existe na modificación do plan xeral unha contradicción entre o convenio urbanístico e o plano de aliñacións e alturas, posto que o primeiro deles fixa soto + planta baixa * 3 plantas de vivendas * 4ª planta de 245 m (isto é, un ático de menor superficie que as plantas de pisos que posúen unha superficie en planta de 490 m), mentres que o plano referido fixa soto + planta baixa + 3 plantas de vivendas. Nembargantes, o estudio de detalle non pode autorizar alturas superiores á sinalada no plano de alturas da modificación puntual por ser unha específica prohibición da normativa indicada no apartado primeiro, e neste sentido, considera correcta a solución dada a resolución da alcaldía aprobando inicialmente o proxecto de estudio

de detalle, dispoñendo que a altura desa edificación se adaptará á modificación do plan.

A terceira discrepancia refírese á entreplanta prevista no patio existente polo lindeiro sur da subparcela 1.4 citada no apartado precedente. Na modificación do plan xeral e no convenio urbanístico non se prevé aproveitamento edificatorio sobre rasante nese patio, polo que, na opinión do informante, debe respectarse a ordenación prevista na referida modificación, aspecto que tamén se considera deste xeito no acto de aprobación inicial do estudio de detalle.

Por último, existe tamén unha discrepancia na ordenación que o estudio de detalle fai da praza pública situada ó norte do parque municipal. Esta praza pública está configurada na modificación do plan xeral como un espacio libre, e, como tal, debe ser integramente respectado polo estudio de detalle, posto que existe unha específica prohibición de que este tipo de instrumento urbanístico reduza os espacios libres. Polo tanto, a configuración e ordenación da praza debe acomodarse estrictamente ás determinacións da modificación puntual, incluído o vial peatonal existente a continuación da dita praza ata o linde leste da unidade de execución 13 b), pun

tualización que tamén se recolle no acto de aprobación inicial.

Polo exposto, e no ámbito da súa función, informa favorablemente a aprobación definitiva do estudio de detalle, pero coas condicións especificamente recollidas no apartado cuarto do presente informe.

Tal é o seu parecer, someténdose a calquera criterio mellor fundado en dereito».

Logo de deliberación, a corporación municipal, en votación ordinaria e por nove votos a favor dos membros do BNG fronte a 6 en contra (2 do PP, 2 do PSOE, 1 de EU-EG e 1 do F.I) cumpríndose asi o quórum de maioría absoluta legal, acordou:

Aproba-la proposta da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Vivenda e Industria así como o informe emitido pola secretaría e na súa consecuencia aprobar definitivamente o proxecto de estudio de detalle no contorno da unidade de actuación nº 13 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Fene, redactado polo arquitecto fernando Casqueiro Barreiro, coas condicións sinaladas na resolución nº 106/1997, de aprobación inicial do referido estudio de detalle, procedéndose á publicación do acordo de aprobación definitiva no BOP e no Diario Oficial de Galicia, e notificándolle este ós interesados no procedemento, remitíndolle copia do expediente administrativo á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co artigo 140.5º do Regulamento de planeamento.

Recursos.-Contra a presenta resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo previsto no artigo 58 e nas condicións establecidas no artigo 57 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da presente notificación, logo de comunicarllo a este concello, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e contra a aprobación da taxa poderá formular recurso de reposición perante o alcalde, no prazo dun mes, contándose ámbolos dous termos desde o día seguinte ó da recepción desta notificación. Nembargantes, poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 14 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

5430