Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación do proxecto básico e posterior de execución e da dirección de obra do edificio que albergará o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira no parque tecnolóxico de Galicia, concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do proxecto básico e posterior de execución e da dirección de obra do edificio que albergará o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira no parque tecnolóxico de Galicia, concello de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo,

15701 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

Número de expediente: CP 13/97.

2. Obxecto do contrato:

Redacción do proxecto básico e posterior de execución e da dirección de obra do edificio que albergará o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira no parque tecnolóxico de Galicia, concello de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense.

b) Elementos que hai que entregar: os indicados no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Frei Rosendo Salvado, 16 baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Prazo de execución: 45 días para a presentación do proxecto de execución unha vez adxudicado o proxecto básico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 5.300.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do día 26 de agosto de 1997. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Edicto