Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación do equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación do equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 12/1997.

2. Obxecto do contrato:

Subministración e instalación do equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O concurso proponse nos seguintes lotes:

Lote 1: equipamento de microinformática.

Lote 2: servidores de bases de datos.

Lote 3: plotter A0.

Lote 4: unidade de entrada documental.

Lote 5: software de servidor.

Lote 6: troncal de rede de alta velocidade.

b) Elementos que hai que entregar: os indicados no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Frei Rosendo Salvado 16, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo de execución: 30 días naturais contados desde o seguinte ó da súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 24.605.920 pesetas, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes:

Lote 1: equipamento de microinformática: 11.265.920 ptas.

Lote 2: servidores de bases de datos: 8.816.000 ptas.

Lote 3: plotter A0: 1.276.000 ptas.

Lote 4: unidade de entrada documental: 1.624.000 ptas.

Lote 5: software de servidor: 580.000 ptas.

Lote 6: troncal de rede de alta velocidade: 1.044.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para o lote ou lotes ó que se presente oferta.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 26 de agosto de 1997. No instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

5815