Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Confederación de Empresarios da Coruña.

A súa modificación consiste nos artigos 12, 15, 21, 26, 29 e introducción dunha disposición transitoria.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Eugenio Geijo Carril (secretario) e José Freire Vázquez (presidente).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 27 de xuño de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

97-5814