A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación, polo sistema de concurso aberto:
Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de diverso material informático
con destino ós servicios centrais e dependencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: 15 ordenadores persoais, 5 impresoras láser de 4 ppm, 1 impresora inxección color A3/A4 e 1 escáner color A4, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.
Orzamento de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.
Prazo de execución: 15 días naturais contados desde a formalización do contrato.
Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria (servicio de contratación) da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).
Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 28 de agosto de 1997.
A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 4 de setembro de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.
Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.
P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes
5489