Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.223

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (58/1997).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co nº 58/1997-3, por instancia de Amparo Díez Puebla, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo do predio de forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa nº 26 moderno, 14 antigo, da rúa Travesa, nesta cidade, que linda, polo norte, coa casa nº 24, propia de Josefa García; sur, coa casa nº 28 de Antonio Domínguez; leste, casa de Eusebio Rico: e oeste, rúa Travesa, cara a que ten a súa entrada e fachada. A casa mide sete metros e vintesete centímetros, por tres metros e noventa e cinco centímetros, que forman unha superficie de corenta e seis metros e sesenta e cinco decímetros cadrados.

Polo presente edicto son citados os herdeiros descoñecidos e incertos do anterior propietario Antonio Domínguez Diéguez e do titular rexistral Antonio Domínguez Fuciños, e cantas persoas interesadas lles poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5763