Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 23 de xullo de 1997 Páx. 7.223

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (39/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe:

Que nos autos dos que se fará mención se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

Sentencia. En Santiago de Compostela, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 39/1997, seguidos por coaccións, nos que foi denunciante Francisco Javier Sanmartín Carreira, maior de idade, e parte denunciada Jesús Tallón Ríos, maior de idade, nos que foi parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Jesús Tallón Ríos da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Francisco Javier Sanmartín Carreira, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

97-5047