No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu apartado 2º establécese a com
petencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.
Con data do 12 de maio de 1997, o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de acondicionamento da estrada OU-104, treito Alto do Couso-Maceda (clave: N/OU/96.3).
Decreto 133/1997, do 12 de maio de 1997, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de acondicionamento da estrada OU-104, treito Alto do Couso-Maceda (clave N/OU/96.3).
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordante do regulamento para a súa aplicación, este servicio no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Maceda, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.
Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de Maceda.
Data HoraNum. predios
11-8-1997 9 a 131 ó 30
11-8-199716 a 1931 ó 60
12-8-1997 9 a 1361 ó 90
12-8-199716 a 19101 ó 140
13-8-1997 9 a 13141 ó 196
13-8-199716 a 19197 ó final
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, documento nacional de identidade, e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o estima oportuno dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, rúa Sáenz Díez número 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupación.
Ourense, 14 de xullo de 1997.
José Manuel González Sánchez
Xefe do Servicio Provincial de Estradas
de Ourense
5486